
Unha sección de Respostas a Preguntas Habituais (Frequently Asked Questions, en inglés) é unha biblioteca na que se resolven as dúbidas máis habituais.
Sí; Dadas as restriccións actuais polo Coronavirus é necesario pedir cita previa. Para acudir ao noso centro tes que reservar hora previamente a través da nosa web, ou chamándonos por teléfono.
É o certificado que emitimos logo de ter superado o correspondente recoñecemento médico e psicolóxico, e que ten como finalidade a obtención ou renovación de diferentes tipos de permisos ou licencias, como os permisos de conducir, de operador de grúa, de posesión de armas ou de patrón de embarcacións deportivas.
Sí, podes seguir a conducir. Nós entregámosche unha autorización provisional para conducir que tes que levar sempre xunto ao carnet caducado. Ten unha duración de 3 meses, o que da tempo de sobra para que chegue o novo carnet á casa.
Sí. Podes renovalo ata 3 meses antes de que che caduque, sen perder a duración do mesmo. Aínda que renoves antes da súa data de caducidade, a DGT non descontará o tempo que queda para a súa caducidade.
No caso dos certificados expedidos para as obtencións ou renovacións de todo tipo de permisos (conducir, armas, grúas, etc.), o período de vixencia é de 3 meses.
No caso dun certificado médico xeral (para oposicións, traballos, colexios, etc) a vixencia é de 1 mes.
Normalmente, o recoñecemento médico e psicolóxico non levará máis de 20 minutos.