Quiénes somos

O Psicotécnico Arzúa foi creado a finais do ano 1996 e, de maneira ininterrompida, prestou e segue a prestar os servizos de expedición de certificados médico-psicotécnicos para a obtención e renovación de todo tipo de licencias e permisos. Pensamos que hoxe é unha referencia nesta localidade, da que xa forma parte como un elemento máis da nosa comunidade.

Defínenos a amabilidade e o afán de servizo polos clientes, asesorándoos e realizando trámites que lles eviten molestias ou desprazamentos innecesarios.

Queremos expresar o máis sinxelo agradecemeto a tódalas persoas, sexan ou non clientes, de Arzúa, Boimorto, Touro, O Pino, Vilasantar, Santiso, Curtis, Frades, Sobrado etc. que fixeron posible que sigamos vivos como empresa e con máis ilusión, se cabe, que o día que abrimos por primeira vez as portas e que recordamos perfectamente: o 8 de setembro de 1996, día da feira de Arzúa. Por eso desexamos que sigamos véndonos e que continuedes a confiar nesta pequena empresa.

Só nos queda decir:

¡¡¡GRACIAS, AMIGOS!!!

Call Now Button